
Chegamos alí con nervios e cun pouco de incertidume de por onde tíñamos que ir, pero bueno, preguntando chégase a Roma. A verdade e que os profesores eran moi agradables pero impoñían un pouco ao principio. Éramos cerca de vinte candidatos pero só quedamos catorce, algúns xa se retiraron no primeiro exame. A proba consistía en catro apartados: comprensión lectora, expresión escrita, comprensión oral e expresión oral.
A verdade é que as tres primeiras foron bastante ben pero no exame oral os nervios delatáronnos un pouco. En principio a proba oral empezaba as 12:05 pero entre demoras e que tivemos que cambiar de clase porque o audio non funcionaba, comezamos bastante tarde. Tamén conta que como Ana é a última estivemos alí hasta as dúas e media vendo como pasaba a xente diante de nós. Vamos, unha desesperación! E iso que dixeran que só eran cinco minutos por persoa...
Foi unha experiencia boa, aínda que extresante. Estábamos morrendo de fame!
Sempre está ben aprender novos idiomas, que cos tempos que corren...