O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz trata o amor de diferentes puntos de vista.
A vantaxe de ser un libro de relatos e non unha única novela da máis posibilidades para poder impactar ó lector, pois non só ten un único punto de vista que ofrecen as novelas, pero tampoco ten os detalles e a estética que esta ten.
Ó que ía, na miña opinión, penso qeu este autor non trata ó amor como se merece, pois amor é unha palabra que se nos queda grande a moitas persoas. Non se pode confundir amor con atracción ou desexo de escapar da soidade. Isto é precisamente o que o autor confunde nalgúns dos seus relatos, coma, por exemplo, no que un home atopa unha foto dunha muller e namórase dela. Pois non, non creo no amor a primeira vista, e menos nunha foto.
Con todo, este libro non me chamou a atención, pero tampoco me disgustou, de feito, algunhas historias gustáronme.