20.5.13

Carne Sueca de Domingo Tabuyo




O libro de Carne sueca explica a vida dun detective chamado Sindo Romero coñecido pola súa intuicion e a pintoresca maneira de resolver os misterios. Ninguén era capaz de resolver os puzzles do misterio excepto el, que encontraba a resposta onde ninguen a encontraba.

Sindo despois de enterrar a un ser querido en Arousa, ten que volver a Madrid por un caso de asasinato que ocurre enfronte dunha libreria especializada en libros de outros paises como Oriente Medio de Madrid, parece ser que apareceu un home cun abrigo beixe morto diante de dita libreria e acabo duns dias apareceu outro morto na vila de Cambados e non saben se os 2 casos teñen unha relacion... Que pasará? Non se sabe.

E aquí vos deixo cunha recomendacion deste libro para a xente que lle guste o misterio e as novelas detectivescas.