15.5.13

O blogue que se alimentaba de comentarios está famélico

Que foi do carteliño do "noso blogue alimentase de comentarios"?
Dende algún tempo decateime que xa non se poden deixar comentarios nas entradas dos nosos compañeiros.
Hoxe fago público que necesitamos a volta desta opción para axudarnos entre todos a correxir as nosas creacións.

- E logo? porque razón dis isto?
pois porque....
  1. Os comentarios sempre axudan a correxir.
  2. Os comentarios fan que a xente demostre que leu a entrada.
  3. Os comentarios levan con nos dende primeiro.
  4. Os comentarios aportanche ideas para novas entradas ou para facer crecer outras xa feitas.
  5. Os comentarios suben nota.
  6. Os comentarios fanche practicar e atender o que escribes.
  7. Os comentarios axúdanche a relacionarte.
  8. Os comentarios permítenche ter ideas claras.
  9. Os comentarios cuestionan as diferentes opinións entre as persoas que redatan as cousas.
Os comentarios SON NECESARIOS



E TI, QUE OPINAS?
Un momento.... non podes reflexar o que pensas se non fas outra entrada, mala sorte non?
Cambio e manifestación son dúas palabras con moita razón.

REVÉLATE

escribe o teu comentario na miña entrada, agardoo con impaciencia.



COMENTARIOS AQUÍ E ALÍ:
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
PON O QUE PENSAS NAS RAIAS .