"Non adoito preguntarme por que escribo nesta lingua. Sucede e basta." |
Este ano o día das letras galegas foi dedicado a Roberto Vidal Bolaño. Foi un gran admirador do cine, no sentido de ata chegar a ser un gran actor. O dramaturgo galego quixo que Galiza tivera un teatro propio, é dicir, autosuficiente para explicar a situación do país no que se atopaba, e a él mesmo. Ademáis do desexo de achegar á xente a este xénero e ao idioma anteriormente reprimido.
Empezou a escribir teatro moi cedo á vez que pasaba por varios traballiños. Aos comenzos dos anos setenta recibe o seu primeiro premio Abrente. Máis tarde funda Teatro do Antroido, ponte entre un pasado sen escenarios e o un futuro por imaxinar. Para isto axudouse dalgunhas culturas populares como o mesmo antroido, para que fora máis familiar aos expectadores e chegar a conquistalos así, coma de celebracións (teatro na rúa...).
Podemos distinguir distintas etapas no teatro de Bolaño. Na primeira etapa o principal era montar espectáculos, ligar o popular e o festivo, para logo entrar nun teatro marcado polas condicións políticas e sociais da transición (época de adaptación deixando atrás a ditadura).
A segunda etapa deste teatro será máis tenaz. Esto o podemos obervar nunha das súas obras: Laudamuco, señor de ningures.
Galiza evoluciona moi rápido e, con ela, a compañía Teatro do Antroido. Roberto é despedido do banco no cal traballaba e decide vivir do teatro realizando representacións por distintos lugares.
Segundo avanza a nova década, o noso home teatral participa na creación do Centro Académico Galego, no 1984. Vilaño é o primeiro autor galego en estrear e dirixir unha obra nesta institución, Agasallo de sombras, lectura sobre a vida de Rosalía de Castro; considerada radical naqueles tempos.
Foi apartado do teatro por unha polémica cun conselleiro e volve oito anos despois aos escenarios. Xa eran os anos 90 e o país cambiara totalmente, era hora de renovarse. O seu retorno foi progresivo e no 1991 gañou o premio Álvaro Cunqueiro.
Coa colaboración de Belén Quintás pon en marcha a compañía definitiva Teatro do Aquí. Bolaño buscaba un teatro cercano e que ofrecera un espello no que se mirar. Gañou premios por obras que non foran representadas, como por exemplo As actas escuras.
Case entrando na próxima década RVB decide poñerse irónico e realizar tres comedias sobre o incómodo presente: Anxeliños, Criaturas e Animaliños. Co tempo escribe un dos principais dramas na Galiza contemporánea: Rastros.
Grazas a este home se pudo dar o salto cara a un teatro profesional galego.