29.5.13

A danza do ventre


Como algúns sabedes, na miña familia por parte de pai, teño descendencia turca o que me leva a ter curiosidade pola súa cultura e a forma de ser da súa xente.

Fai xa uns 9 anos máis ou menos, comecei a ir a unhas clases particulares de baile turco, grazas ás irmás do meu pai.

Ao principio pensei que sería un aburrimento, pero cando a profesora Alina díxome que ía facer Danza do ventre, quedei bastante impresionada.

O primeiro que pensei foi en que consistía?


 ·A danza do ventre, tamén chamada danza árabe, é unha danza que combina elementos tradicionais de Oriente Medio xunto con outros do Norte de África.

En lingua árabe coñécese como raqs sharqi ("danza do leste" ou "danza oriental"). Inclúe movementos do folclore exipcio, danza clásica e contemporánea, con grandes desprazamentos, voltas e movementos de todas as partes do corpo, pero sobre todo da cadeira. En Turquía, á danza do ventre coñécese como gobek dans ou rakasse.
Pensaba que sería fácil, porque Ali era moi boa no seu, pero cando vin que movía as cadeiras desa forma quedei coa boca aberta.
Días despois ensinoume algúns movementos básicos e máis tarde fixo que estirara un pouco a columna para ter máis elasticidade. Claramente, a dor era moi forte así que tamén o facía en casa.
Co tempo, o sentimento por esa danza foi crecendo igual que a facilidade e a abilidade, por fin, fai uns meses Alina deume un título de bailarina e síntome moi feliz e realizada.