20.4.13

Unha experiencia inolvidable



Hoxe, como todos os anos, fíxose un encontro entre o noso instituto e o de Laracha e este ano tocounos a nós vivir a experiencia, aínda que algúns xa foran anos anteriores.

Agra de Leborís e Elviña traballamos xuntos para combater os prexuízos e estereotipos actuais da nosa sociedade. Aínda que ao principio costounos relacionarnos con eles, descubrimos unha nova amizade.





Primeiro recibímolos con moita ilusión e xa despois, na biblioteca, unimos os nosos grupos cos deles para comezar a traballar xuntos e coñecernos mellor.

Logo veu Xosé Luis, director de asuntos sociais do Concello da Coruña, que nos impartiu unha charla sobre os estereotipos afectivos-sexuais. Contounos a súa experiencia no campo da homosexualidade e fíxonos pensar nas actitudes inadecuadas que se realizan.

Despois do descanso, cada grupo tiñan un tema co que debía facer unha representación teatral na que se mostren os prexuízos. Nós, por exemplo, traballamos os estereotipos ibéricos e periféricos.


Na comida, falamos entre nós e logo saímos ao patio a xogar co balón, sacar fotos, charlar e intercambiar as nosas contas das redes sociais para poder seguir en contacto con eles.

De seguido, fomos para o salón de actos a representar as pequenas obriñas teatrais e a verdade pásamolo ben.

Por último, tocou despedirnos deles. A verdade é que estamos todos desexando volver pasar un día así entre nós, foi incrible!