16.4.13

Un día diferente.

Xa choveu!!



Despois dunha serie de problemas coa colocación das letras demos a benvida a outra parte do encontro, o Agra de Leborís.
Fumos a biblioteca para organizar os grupos e, aínda que algunha cara xa se nos facían coñecidas, fixemos un xogo de presentación para romper o xeo.
Unha vez feito coñecemos a outra parte do grupo e dirixímonos a Video 2 para asistir a unha charla de Xose Luís Quintela sobre os estereotipos de sexualidade. El contounos as súas experiencias e fixo unha ronda de preguntas para que resolvésemos as nosas dúbidas.
Tocounos o recreo e, como hoxe fixo un día estupendo, decidimos sair a tomar un pouco o sol e coñecernos mellor. A verdade é que tivemos moita sorte cos rapaces que nos tocaron e era todos moi sociables.
E claro, tamén tocou traballar. Por grupos estivemos facendo unhas pequenas obras sobre os esteretipos.
O noso grupo tocoulle os prexuizos entre homes e mulleres, ocorréusenos facer uns sketches para representar escenas cotidianas da nosa sociedade. Aparte de traballar, maruxeamos entre nós das historietas dos institutos (é foi o que máis fixemos). Despois de ensaiar non encontrábamos aos demais e pasamos un bo rato intentando atopalos.
Comida, descanso, xogar ao futbol... un día redondo. Pola tarde representamos as obras e mediante votación eliximos ao mellor grupo. Nós quedamos segundos, é a moita honra! Resumindo, un gran día na compañía de otra xente.