A escritora fainos partícipes dunha etapa da súa vida, sen lugar a dúbidas a máis dura.
En plena adolescencia a autora descubrirá a vida, a morte e as drogas e contaránolo nunha linguaxe sen pudor, chamando ás cousas polo seu nome, e ainda así faráo con elegancia.
Transcorrían os anos 80, Xulia coñece á persoa que lle marcará a súa existencia, Nico.
Esta historia xorde nun contexto no que a familia e as tradicións tenden á represión, polo que estos xóvenes infectados polo SIDA, cargaron coa vergoña, co rechazo social, co descoñecemento da enfermidade...
Poucos relatos de amor como éste coñezo na literatura, onde unha sobrevivente, Xulia, soubo vencer os medos.
Persoalmente, o que máis me suxire a súa lectura, máis que compasión é dignidade.