19.4.13

As dúas caras do encontro.



Hoxe, 16 de Abril do 2013, tivemos un encontro co instituto Agra de Leborís.
Dúas caras ten porque no comezo, é dicir, nas presentacións e demais, houbo nervios, vergoña, tensión e ás veces incomodidade.

A pesar de todo isto, pouco a pouco foi inevitable a pérdeda da vergoña, a capacidade de facer o "indio" diante deles foi directamente proporcional co paso do tempo; con eles tamén ocorreu o mesmo.
Pode que algún o pasara "millor" ca outro pero aínda así, ninguén pasou por malos ratos. Os temas dos que estabamos traballando foron excluídos ante o comportamento que tivemos entre nós.

Agora, agradécese a información que nos ofreceu Xosé Luis Quintela. Un home, que na súa apariencia tiña un comportamento totalmente viril e corrente.
A máis de un, diso estamos seguros, sorprendeulle o saber que el é homosexual.
Despois do descanso, comezamos cos traballos dos diálogos, para as actuacións que levaríamos a cabo. Foi moi divertido o ensaio e as ideas que tíñamos.
Na hora da comida tivemos tempo a relacionarnos un pouco máis con eles e acabamos facendo amigos. Para nós, este día será innolvidable, porque coñecimos a xente incrible e que seguro que con algúns mantendremos amizade. Por exemplo, Yanca fíxose moi amiga de Fran e igual que todos intercambiaron os teléfonos; César fíxose, en cambio amigo de todos e todas ata chegar ao punto de chamarlle "culturista".

Encantounos todo o que pasou hoxe e estaría xenial que algún día volvéramos a atoparnos con eles, por exemplo en Bacharelato, pero temo-la certeza de que imos quedar con eles un día de verán.
O máis importante de todo, é que aprendimos uns dos outros.

Aquí temos o video: Encontro