26.3.13

Vassili Záitsev - en construción

Vassili Záitsev
O tirador siberiano xa de pequeno tivo un gran contacto coas armas, seu avó regaloulle un fusil á temprana idade de 12 anos, o que explica que cando cumpriu os 26 xa fose un tirador experto e así puido participar na 2ª Guerra Mundial.
Cando ingresou no exército soviético foi enviado a Stalingrado xunto coa 284 división de fusileiros, tan só 10 días máis tarde acabou con 40 soldados alemáns, o que lle permitiu formar parte da Batiuk, unha división que albergaba aos mellores tiradores. Foi todo un mestre da camuflaxe e da precisión e ata Decembro do 42 xa contaba con 254 baixas e unha gran popularidade ata que perdeu a visión do seu ollo dereito ao pisar unha mina.
Dende ese incicente pasou a ser profesor dunha escola de francotiradores na que máis tarde coñecería á súa muller Tania Chernova. Tamén foi nombrado "Heroe da Unión Soviética" e recibiu as condecoracións da Orde de Lenin e da Orde da Bandeira Vermella.
Ao finalizar a guerra, marchou a Kiev, onde traballou como director dunha planta textil ata o fin dos seus días no 1991. O seu fusil aínda pode verse no museo das forzas armadas de Moscú.
O seu fusil exposto no museo de Moscú.