Síntome estar nun barco e estar caendome pola borda ó mar. Non sei nin eu o que me pasa só sei que levo días chorando sen ningún sentido. Ás veces penso que estou soa en todo.
Tiven, á verdade, 3 semanas que foron inolvidables, xa que viñeron a miña prima e a miña avoa dende Suíza a pasar uns días aquí. Dende que colleron o avión, xa non sou Alessia Mato, véxome sen forzas para tirar para adiante.
Hai xente que o está pasando verdadeiramente peor ca min e iso o teño presente, pero levo días que penso que o mundo está en contra de min.
É como se a vida puxéra
É certo que teño un mozo que sempre está conmigo, e leva así 1 ano e medio, pero agótaselle a paciencia e é normal, e iso o agradezo, porque se non é, en parte, por el, eu estaría moitísimo peor. Pasa conmigo case todos os días e durante todo o día faime rir polas súas tonterías. Teño que poñer da miña parte, non o pode facer todo el, teño que sorrir sen que sexa polas súas tonterías e estar orgullosa de ter un mozo tan bo como teño. VOUNO CONSEGUIR! ( GRAZAS )
Supoño que tamén é a familia (papá e mamá) a que sempre estará contigo, ata nos peores momentos e iso dáme forzas para seguir, para estar cun sorriso na cara en todo momento, aínda que por dentro, te este doendo máis que nunca.E por iso teño que darlle as grazas a miña nai, porque para min, como ela non hai ningunha. É a que sempre esta no meu carón axudándome a tirar para adiante, a que me da ánimos para estudar e á vez para saír da casa. Sei que ela será a que sempre vai perdoar os meus erros, pero tamén será a que me ensine a aprender deles. Grazas, quérote mamá.