
Despois da 2ª Guerra Mundial, esta alteración horaria propúxose para todos os estados europeos. Agora ben
A miña nai sempre mo dixo, que a nós non nos afectaba este cambio. Máis acertadamente teríamos que ter o horario británico. O Meridiano de Greenwich tamén afecta ao noso horario, debido ó seu paso pola costa mediterránea española (0ºLonxitude); polo tanto España, Francia, Gran Bretaña e Portugal deberían establecer un mesmo horario.
En concreto, a Galicia, non lle afecta para nada este cambio de horario, xa que aforramos un mínimo, case despreciable, e no que ten que ver coa luz solar tampouco. Por que? Porque estamos na esquiniña e xa nos pilla noutro fuso. Debería mirarse cadanseu país co seu fuso, así teriamos o horario que nos correspondería a cada un.