Outro tema que está de actualidade
é a reivindicación do idioma propio e
a dignificación do pobo que o fala, menosprezado secularmente por ser fiel á súa
lingua e caricaturizado por aqueles que crían que o galego era unha lingua
incapaz de transmitir beleza e cultura. Rosalía estaba rodeada da
intelectualidade galega da época e manifesta, no prólogo da obra, a súa
adhesión aos propósitos do movemento en favor da lingua galega, expresando ademais
a intención de realzar as calidades da súa terra. A poeta proponse combater o
desprestixio da lingua galega e a inxustiza coa que Galicia era tratada.
Rosalía, ao escoller o galego para expresarse e cantar os
costumes, a paisaxe e o folclore galego, demostra o seu propósito reivindicativo:
“…todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez
siquera i anque sea torpemente, ós que sin razón nin conocemento algún nos
desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é
aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas
provincias cunha risa de mofa que, a desir verdade (por máis que ésta sea
dura), demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que
pode facer unha provincia a outra provincia hirmán por probe que ésta sea.
Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de
aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente
xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e
dino de alabanza…” Prólogo de Cantares
Galegos.
¡¡¡Tantos anos que levan pasado desde que Rosalíaescribiu e aínda hoxe nos preocupan os mesmos aspectos que a ela lle
preocupaban. A pesar de que pensamos o moito que levamos avanzado desde o
século XIX até hoxe, no fondo, a situación social é a mesma!!!
SERÁ SÓ ALGO CÍCLICO? ESPEREMOS QUE ASÍ SEXA!!!