Deportivo 3-1 Celta
Onte se celebrou o esperado e sempre especial Derbi Deportivo-Celta no estadio de Riazor da Coruña ás 21.45 da noite. O campo estaba a rebosar polos seguidores do Deportivo e 900 celtarras que, ao remate do partido, xa non tiñan tantas enerxías como cando empezou o encontro e marcharon co rabo entre as pernas; isto se lle suma á expulsión de Aspas, pouca deportividade pola súa parte-o seu erro pudo ser un factor que axudou a perder ao seu equipo-.
Mirade que contentos andaban antes de que os mandaramos de volta a súa aldea . |
Os xogadores que nos fixeron ganar foron os que marcaron os goles clave, aínda que todos fixeron unha boa labor coa impresionante coordinación e colaboración coa que sempre xoga o equipo blanquiazul.
- No 8' gol de Riki, cunha asistencia perfecta do noso querido 21, Valerón! (Qué faríamos sen tí?)
- No 63' gol de Silvio, tiro impresionante que se cola pola escuadra.
- No 78' gol de Salomao regateando a Varas e sustituíndo ben a Riki (11).