Despois do "Gangnam style", un novo vídeo está a causar furor polas redes sociais, titúlase "Harlem Shake" e é todo un fenómeno en YouTube. Este baile ou coreografía máis imitada de internet naceu nos anos 80 nun barrio neoyorquino de Harlem e consiste en mover os ombros e o torso. Aínda que a creación deste remóntase varios anos atrás, na actualidade alcanzou a súa máxima popularidade grazas o blogueiro Filthy Frank.
Este internauta produciu un clip onde se pode ver a catro persoas disfrazadas de diferentes personaxes (un power ranger, un extraterrestre, un oriental e un home cun traxe rosa) bailando o Harlem Shake ao son dunha canción do estadounidense “DJ Baauer” que leva o mismo nome. O video foi lanzado o 2 de febreiro e actualmente é un dos máis vistos.
![]() |
Chega a España |
Oficinistas, estudantes universitarios, bombeiros, militares noruegos e grupos de amigos xa comparten pola rede os seus vídeos imitando os pasos do Harlem Shake. Ti tamén podes facelo, anímate!