A pesar dos dous anos que levan sendo como grupo, a banda británica de One Direction (abreviada 1D) é coñecida por miles de persoas no mundo e superou con notable diferencia ao coñecido cantante canadiense Justin Bieber e ao grupo estadounidense Big Time Rush.
Esta banda está composta por cinco
mozos: Harry Styles, Niall Horan, Zayn Malik, Louis Tomlinson e Liam Payne.
Antes de que se converteran en One Direction, comezaron por separado, presentándose a famosa serie televisiva Factor X no ano 2010, pero máis tarde son expulsados e isto rómpelles o corazón, pero a xuíza Nicole Scherzinger dalles unha segunda oportunidade e coa a axuda do seu padrino Simon Cowell forman a banda de 1D.
Durante o concurso, interpretan cancións moi famosas como "Total Eclipse Of The Heart" de Bonnie Tyler, "Viva La Vida" de Coldplay, "Torn" de Natalie Imbruglia..., e finalmente conseguindo unha gran cantidade de éxito, chegan a gala final onde quedan terceiros, e a pesar de non haber gañado, Cowell, a sabiendas do talento que tiñan decide facerlles un contrato discógrafico.
Despois diso sacan no 2011 o seu primer álbum "Up All Nigth" con cancións que lles fixeron estar no cume das listas de éxitos como "What Makes You Beautiful", "One Thing", "More than This"... e convértense no primeiro grupo británico que alcanza co seu primeiro disco o número 1 na lista de éxitos e ventas.
No 2012 sacan o seu segundo álbum chamado "Take Me Home" que tivo unha recepción comercial superior ao seu primer disco con cancións como "Live While We´re Young", "Little Things", "Kiss You" que lograron situarse de novo nas 3 primeiras cancións máis escoitadas en moitos sitios do mundo como Nova Zelanda e Reino Unido.
1D na actualidade está grabando a segunda pelicula chámada "This Is Us" en 3D, e este ano comezaron cunha xira mundial na que pasarán por España o día 22 de maio en Barcelona e os días 24 e 25 de maio por Madrid.