TEMAS
DE HOXE EN ROSALÍA (I)
Hoxe non podemos pasar sen facer unha lembranza da grandísima
Rosalía de Castro, o día no que celebramos o 176º aniversario do nacemento da
mellor poeta da nosa literatura. Ademais, este ano tamén celebramos o 150º
aniversario da publicación de Cantares
Galegos, unha xoia do Rexurdimento, e o 50º aniversario do Día das Letras
Galegas, adicado na súa primeira edición a Rosalía. Ela, xunto con Castelao, son, sen dúbida, os mellores
intérpretes da nosa Galiza eterna.
A obra desta
muller está profundamente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida,
apuros económicos, desgrazas familiares e saúde delicada. Pero presenta dous
temas que hoxe estarían de plena actualidade: a emigración e a reivindicación
feminina.
Denuncia a miseria e a emigración masiva á que estaban
obrigados os galegos, sen deixar de verter os seus sentimentos e vivencias
persoais. En Follas Novas,
Rosalía describe a pobreza e a emigración e as súas consecuencias:
choveu
en San Xoán;
a Galicia
a fame
logo
chegará.
Con
melancolía
miran
para o mar
os
que noutras terras
ten que buscar pan.
Tamén atopamos na súa obra
un dos lamentos máis sentidos que se teñan feito nunca sobre a terrible sangría
da emigración que tanto castigou a terra e a xente en Galicia (e que
actualmente volve a castigar), como se verifica nestes versos:
(...)
¡Adiós
groria! ¡Adios contento!
deixo
a aldea que conozo
por
un mundo que non vin!
(...)
Xa
se oien lonxe, máis lonxe...
Cada
balada é un dolor;
voume
soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
Cantares Galegos
Continuará...


