25.2.13

Publicidade enganosa

Dende agora ten coidado co que les, porque pode influír na túa maneira de pensar e reaccionar. Xa que, uns estudos demostraron que na literatura nos dan uns valores asociados a uns tipos de rol que, nós, metemos nas nosas cabezas inconscientemente e, despois, fáisenos mais difícil diferenciar e asociar as cousas, xa que as temos asociadas doutra maneira.


Isto prodúcese tamén na publicidade, asociándonos a un produto un tipo de valores que nada teñen que ver coa realidade. Coma a muller que está limpando a casa, preocupada polos nenos e arranxándose a todo momento para estar sempre boísima para ó seu home. Todo isto trabállase coa coeducación, que pretende reaxustar estes falsos valores para darlle á muller e ó home todos os seus dereitos e que nos se diferencien de forma inxusta. Por todo isto, aconséllote que teñas ollo con todo o que ves porque pode confundirte mediante esta especie de mensaxes subliminais.

Pero, volvendo á literatura, unha das cousas que máis nos custa asimilar son os oxímorons (que expresan ideas que non existen). Son palabras coma “monstrou hermoso” as que fan aumentar a nosa actividade cerebral.