Escóitao ata o final
Pero Meogo no verde prado
—Dime a onde vas,miña cerva ferida,
dime a onde vas, polo meu amor!
—Vou para o verso dunha cantiga,
meu cazador!
—Dime a onde vai teu cabelo, doncela,
dime a onde vai, polo meu amor!
—Vai pra unha fita verde de seda,
meu cazador!
—Dime unha cita de alba, amiga,
dime unha cita, polo meu amor!
—Onde o cervo do monte a i-auga volvía,
meu cazador!
—Nunca vi cerva nos beizos deitada,
nunca vi fita que atase no vento,
nunca vi cervo que volvese o alto,
polo meu amor!
Herba aquí e acolá, 1980