15.11.12

Sairemos como galegos!

Xa sabemos que son tempos moi difíciles na economía do noso país e eso afecta aos seus rostros. Están fartos, están tristes...
Si, Gadis xa leva feitos varios videos co seu gran lema " Vivamos como galegos!" . Eses videos conmóvenos e enchennos de orgullo pola nosa terra e por formar parte dela.

Esta vez é diferente xa que co seu último video lograron facer reflexionar a moitos rapaces e rapazas galegos sobre como axudar aos nosos maiores nestes tempos tan tan complicados. E preguntarás, como podemos axudar se non temos diñeiro? As veces non é necesario iso. As veces só fai falla un sorriso, facerlles saber que estamos orgullosos deles porque sin eles estaríamos perdidos. Dannos de todo e xa vai sendo hora de deixar de mirar para o noso cu e devolverlles o favor. Porque sei que podemos facelo, porque sei que " Sairemos como galegos!".