
Este libro da man do escritor vigués Domingo Villar Ponte provén da Editorial Galaxia. Relata a investigación do asasinato dun saxofonista na Illa da Toralla (Vigo), este caso seralle asignado a Leo Caldas; un inspector de policía algo peculiar que tamén realiza un programa de radio chamado Patrulla nas ondas, e ao seu compañeiro Rafael Estévez, un axente que chegara hai pouco a Galicia e que non se entendía moi ben.
A parella de Leo e Rafa faranvos rir a cachón, ademáis de ser un libro de suspense, por iso recoméndovos que o leades.