11.11.12

O Encoro das Pontes

Moi boas compañeiros e compañeiras, con esta entrada pretendo que sepades a verdade sobre o lago artificial das Pontes situado ao lado dunha fábrica e na "estrutura" dunha antiga mina de lignito.

Como xa sabedes, o noso  querido compañeiro Enrique Fornos é das pontes. O xoves pasado na aula 22 onde tiñamos que entrar no blogue, non sei como  saiu a conversa deste tema; el rebatiume que non ía estar contaminado... e xa sabedes que outra cousa non, pero tozuda son un rato; total que esta entrada cha dedico Enrique,¡vai por ti!

Encontrei dúas noticias moi pero que moi interesantes, como eu xa sei que hoxe Enrique non vai ver o blogue, xa me ocuparei eu de que mañá saiba as novas sobre o seu querido lago .
Déixobolas cunhas ligazóns que poñerei a continuación.
A Xunta oculta datos sobre a calidade da auga do encoro. Grazas a uns amigos Ecoloxistas podemos saber que a acided do encoro é de 2,5 que significa que é 10.000 veces moito máis ácido do normal.

Enrique se pretendias darme envidia coa túa entrada paréceme que non conseguiches nada, na miña aldea hai un bó rio onde se poden pescar troitas, ver aves, nadar... e non ten nen unha sóa molécula da súa auga  cotaminada, aínda que non é o más grande de España e non se pode comparar co teu lago; invitoche a que veñas un día porque é mil veces mellor que o teu lago ácido jaja
Enrique,cariño...eu de ti iria o médico ajaja.
Tamén  invito os demáis que quede claro.