11.11.12

O diario vermello de Carlota

Carlota e as súas amigas teñen moitas dúbidas sobre a sexualidade, e para aclaralas Carlota decide escribir un diario con tapa vermella onde relatara as explicacións que lle dan os seus coñecidos, as averiguacións que faga ela mesma pola súa conta e as súas propias experiencias sexuais. No camiño de comprar a famosa libreta vermella coñece a Flanagan co que iniciará as súas experiencias e descubrimentos sexuais. Carlota sente algo por Flanagan pero aínda ten en mente a Koert, o seu "primeiro amor" e mentres vai relleando as páxinas do seu diario, Carlota deberá decidir que é o máis importante: a súa relación con Flanagan ou a que quere ter con Koert...



Na miña opinión Carlota debería morrer nun último diario negro no que exprese os sentimentos de alguén en estado termiñal. Porque se ben é verdade que nos seus "diarios" os lectores poden aprender e reflexionar sobre a sexualidade, a xenofobia e a inmigración entre outros, tamén é verdade que os libros chegan a ser bastante cansinos. Xa todos sabemos que hai moitas cores para elixir pero non é necesario usalas todas, e menos coa mesma personaxe unha e outra vez...

A pesar disto penso que é un libro entretido ás veces, ademais de prescindible, pode chegar a sacarche algunha que outra sonrisa con certas experiencias da protagonista. Recomendariallo a rapazas que teñan dúbidas sobre o tema e non atoupen outro camiño mellor para informarse. Tamén llo recomendo aos rapaces que aínda non coñezan a anatomía dos órganos sexuais femininos.