Contareivos isto porque ademáis de que as miñas avoas -todas aínda vivas e dando guerra!- son unhas grandes mulleres loitadoras do que máis querian. Na que todos colaborasen e que, máis tarde, se souberan defender ante a vida e os seus problemas e o que ainda lles queda por acontecer. Uns valores éticos de cómo hai que actuar, sen pasarse: igualdade de condicións para ambos sexos.
![]() |
Isto amosa cómo debería ser todo. |
Empezarei por parte de pai.
A súa avoa Efigenia naceu no 1922, polo tanto recibiu unha educación machista. Ela quedouse sen pais dende moi nova, como consecuencia tivo que empezar a traballar no campo, un traballo realmente duro, dende os nove anos. Tivo que aprender a saír adiante ela sóa.
Cando meus avós se separaron a miña bisavoa queouse a cargo do meu pai. Ensinoulle a facer as tarefas do fogar e a valorar ás rapazas, máis que ensinarlle colleu o exemplo. Así o meu pai creceu sabendo que tanto os homes como as mulleres están en igualdade de condicións e non as desvalorou nunca.
Agora vos contarei o caso por parte da miña nai.
A nai da miña, Guillermina, naceu no ano 1945. Despois do seu divorcio e actualmente con parella, tivo que sacar aos seus fillos adiante ela soa. O fillo traballando, día e noite, calquer traballo que puidera o collía por duro que fose. Na casa eran en total seis na casa, dous das cales eran nenas. Mina estaba todo o día fóra da casa, e os meus tíos e máis a miña nai se repartían as tarefas da casa: un facía a cama, outro fregaba, outra barría... Así no día de hoxe todos estes nenos feitos homes e mulleres axudan a cadansúa parella coa casa, có neno e con todo o que poidan axudar. Tense respecto mutuo.
A última filla que tivo a miña avoa Mina, rondará agora os vinte e tantos, xa educada cunha educación de igualdade. Dentro do que cabe claro, porque nesta sociedade as mulleres non imos tan avanzadas. ¿Avanzamos? Home sí, pero aínda nos queda moito por igualar.
![]() |
Loitemos polo noso! |