19.11.12


Este título foi posto nunha das publicacións da Revista Nós, onde Vicente Risco contaba, nunha forma diferente, a súa evolución ideolóxica depois de facer unha viaxe. Como outros, tiña inquietudes o que lle levou a crear a revista ``La Centuria´´.

Igual que Otero Pedrayo, tamén estaba nas Irmandades da Fala, que foron creadas en 1916, co propósito de axudar o Galego.
Risco, obtivo a axuda dalgúns amigos, para terminar as súas actividades, como crear a Revista Nós.

Estivo na dirección do Seminario de Estudos Galegos e foi o primeiro teórico galego.
Estivo na militancia galeguista, mais a Guerra Civil, non deixou que avanzara moito máis, así que tivo que esperar a que chegara a Democracia.
Unha das súas obras máis importantes titúlase O porco de pé, unha novela sátira encontra da Burguesía.

A revista Nós tivo 144 números. Case todos os que traballaron nela, estaban nas Irmandades da Fala. Poño de expemplo a Castelao que foi, igual que Rosalía de Castro, a voz da xente que non podía expresarse fácilmente.