27.11.12

E ti a quen vas votar?

Só quedan un par de anos para exercer un dos dereitos máis importantes que terei, e todo son dúbidas. O PP, o PSdG, EU, o Bloque... hai tantos que marean.

Intento resolver a miña ignorancia preguntando na casa que é o que propoñen cada un destes partidos e as respostas, ademáis de breves, deixan ver as súas cores, por certo, de tonalidade similar. 

Aínda que o intentan non é unha información moi obxectiva, por iso busco nas redes, políticas de dereita, esquerda e nacionalismos, e as conclusións que saco son as seguintes: os da dereita básicamente son conservadores, relixiosos, liberáis e incluso RESPALDAN PRIVILEXIOS CLASISTAS ! 
Os da esquerda danlle máis importancia aos valores e dereitos individuais, é dicir, defenden a igualdade antes que nada, para iso o Estado intervén para non crear desigualdades sociais. 
E por último o Nacionalismo, que prioriza a defensa da cultura e a historia da nación.

Chegados a este punto xa teño unha idea máis clara do que votarei.
E ti? A quen vas votar?