3.11.12

A praia dos afogados

Atopámonos ante a segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, do autor Domingo Villar.

A novela transcorre na praia de Madorra (Vigo), o inspector Leo Caldas recibe unha chamada na que o avisan da aparición do cadáver dun mariñeiro, alcumado "O Rubio". Crese que foi un suicidio, ata que, a través da autopsia compróbase que foi un asasinato.

Leo Caldas dálle bastantes quebradeiros de cabeza ao caso. Hai momentos nos que a investigación parece deterse, pero el sempre tenta iniciar novas vías que permitan resolver o misterio.
Acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés decidido e atrevido, que contrasta co carácter do seu superior.



Ao longo do libro vanse atopando varias pistas que conforman que non foi un suicidio. Pero ademais diso, o inspector ten que atravesar unha etapa persoal difícil: rompe coa súa parella, ten un familiar no hospital... El é un home discreto, ao que non lle gusta ser recoñecido pola súa colaboración no programa de radio Patrulla nas Ondas, que ten un papel importante, mesmo na resolución da trama.

A obra transcorre en varios escenarios: Vigo, Panxón, Aguiño...
Tamén aparece nomeado varias veces o poeta Carlos Oroza, cliente da taberna á que acode habitualmente Leo Caldas.

A pesar de non haber lido "Ollos de Auga" (a súa primeira novela), a praia dos afogados mantívome intrigada ata o final, aínda que ten un ritmo bastante pausado.