31.10.12

Saddam Hussein

Saddam Hussein era un político, militar iraquí e dictador do seu propio país.
Naceu en Iraq ( Tikrit ) o 28 de abril do ano 1937, nunha familia de campesiños sen terras. Analfabeto ata os 10 anos. Pasou a súa infancia co seu tío ata os tres anos e despois volveu coa súa nai, xa que o seu pai morreu 6 meses despois de que nacera.

Estivo en presión por ser un opositor ao goberno de Abdul Karim Qassim. Como secretario do partido Bass tivo un gran papel no golpe de estado no ano 1968. Ao final o seu partido chegou ao poder e o seu tío estivo gobernando, Saddam, apoiado, foi eliminando os seus rivais e consiguiu gobernar Bagdad.
Cando o seu tío deixa de ser o gobernador, por motivos de saúde, Saddam toma o mando do país o 16 de xullo do 1979.

O 22 de setembro do 1980 enviou ás súas tropas contra Irán, apoiado por Estados Unidos, Francia e a Unión Soviética, guerra que dura 8 anos.

O 2 de agosto do 1990 Iraq invadiu Quvait. En 1991 Estados Unidos, gobernada por George.W.Bush, obrigou a Iraq a retirarse da invasión.