13.10.12

Primeiro discurso político en galego


Sucedeu hai 105 anos

O 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico.

Este ano creouse Solidaridad Gallega; un proxecto no que Lugrís Freire desenvolverá unha activa militancia. O novo partido pretendía conxugar o rexionalismo coas loitas agrarias e é nese contexto no que se sitúa o seu discurso pronunciado o 6 de outubro de 1907 en Betanzos, recoñecido como o primeiro mitin enunciado en lingua galega. A alocución foi publicada integramente no número 11 do periódico A Nosa Terra, o 19 de outubro de 1907.
Ver información ampliada na páxina da RAG