23.10.12

mulleres? PROHIBIDO.

Creo que algús de vós xa sabedes que en Arabia Saudí "menosprezan as mulleres" non?

moi ben, eu quero que vos enteredes do que fai Ikea.

Se mirades a foto da dereita, veredes que nunha delas falta a muller. NON É UN XOGO DE DIFERENZAS DA VOZ DE GALICIA NON VOS EQUIVOQUEDES.
Isto é o que fai Ikea nos seus catálogos de Arabia Saudí.


E diredes... e que ocorre se non queren poñer as mulleres?
(francamente espero que non o pensedes)
No caso de que teñades este concepto ERRÓNEO intentareivos abrir os ollos.

Arabia Saudí é un lugar onde os homes se consideran  moito mellor que as mulleres só por ter outro órgano sexual diferente, creen que por ser homes teñen máis privilexios que as mulleres e poden ter as que queiran con tal de mantelas.
Por Deus nin a alta burguesia tiña eses pensamentos....
Bueno pois o que vos quero decir é como Ikea unha empresa de un nivel bastante notable, rebaixouse de tal maneira só por papeis de cor verde.
Creo que non é necesario nin suprimir mulleres nin cambialas por mobles, porque se pensades iso realmente ... ídevos vivir a Arabia Saudí.