Hortalizas
Imos falar das hortalizas, Cando falmos destas tamén nos referimos ás verduras, é dicir, que neste grupo podemos atopar dende cebolas, tomates e patacas ata chícharos, leitugas...
As hortalizas son plantas herbáceas e de ciclo curto, cultivadas nas hortas e campos de regadío. Trátase dun concepto gastronómico que foi xerado xa hai moitos séculos e que nas últimas décadas está decaendo, quen non prefire un filete a unha ensalada?
As nosas protagonistas cando se atopan na nosa dieta non están para aportarnos graxas, proteínas ou carbohidratos. Estas cousas tamén as aportan pero, ben, creo que hai alimentos de mellor sabor que aportan estas substancias. O importante das hortalizas é o seu valor regulador, xa que a súa función biolóxica é a de regular os mecanismos fisiolóxicos, aportando vitaminas, minerais, ...
Teñen que ser consumidas no seu tempo de maduración porque se non collen un aspecto malo, aínda peor do que teñen, debido á chegada de fungos ou microorganismos a dita materia.
Pois como vístes, xa sabemos, rapaces e rapazas, que se queremos ter unha dieta mellor esta ten que ter hortalizas aínda que prefiramos outras comidas como as hamburguesas, pizzas, etc. E mirade, pensándoo mellor, tampouco teñen tan mala pinta, non???