14.10.12

Denominación de orixe, Queixo de Tetilla.





Este queixo é probablemente o máis internacional dos queixos galegos. Elabórase con leite das vacas de rubia galega, frisona e pardo alpina. A súa orixe abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia tanto como a zona de producción de leite e a da elaboración do queixo de tetilla. Sobre todo do surleste da provincia da Coruña, xa que era típico de esa zona.



O peso aproximado dunha peza de queixo de tetilla é de 1 kg. Según contan algunhas lendas, este queixo procede dun convento de monxas do século XI.
O queixo modélase a man e quéntase entre os 28 e 32ºC, o proceso é natural. A masa córtase en grans grandes e unha vez estes estén firmes, chéanse as cuncas que son lixeiramente prensadas. O proceso finaliza co salado das pezas na salazón.


A maduración faise nun ambiente fresco e húmedo propio das terras galegas, este dura entre os dez e trinta días. Grazas as festas que se fan hoxe en día, este tipo de queixo ó igual que outros tipos de Galicia, foron cobrando forza e protagonismo.



(01.04.1992).