28.10.12

Curtametraxes, unha boa forma de entretenemento

Unha curtametraxe é unha producción audiovisual ou cinematográfica, para os momentos nos que unha persoa non lle apetece ver unha película ou seguir durante varias temporadas, unha serie de televisión.
Son historias breves que teñen a ventaxa de que calquera de nós as pode disfrutar, aínda que estemos, moi axetreados.

Hoxe en día, grazas a Internet existe unha gran cantidade deles, moitos obra de afeccionados e outros rodados con medios profesionais.
A duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos. 
- Os filmes de entre 30 e 60 minutos chámanse mediometraxes.
- A partir dunha hora de duración considéranse longametraxes.

Hai curtametraxes de tódolos xéneros: ciencia ficción, terror, animación, intriga, comedia, románticas, etc.
En Galicia tamén contamos cunha serie de curtametraxes, onde a imaxinación non deixa de sorprendernos.
Fai click aquí para ver algúns deles.

Unha das que máis me impactou, xa que engancha dende principio a fin, é "Die Schöne und der Mörder" (A bela e o asasino), unha curtametraxe en alemán con Subtítulos en español: