13.10.12

A verdadeira historia dos Beatles.

Esta portada recolle moitas pistas.
En 1966 meus amigos e eu prometimos que nunca desvelaríamos o que vos vou contar agora. Pero antes para que se entenda por qué o fixemos, teño que retroceder un pouco. 

Coñecín a Paul McCartney no colexio, eu tiña 14 anos e el 16. Grazas a el entrei a formar parte do grupo.
Os catro empezamos en Liverpool como "The Quarrymen", pero en pouco tempo pasamos a chamarnos "The Beatles".
Os nosos dous anos en Hamburgo foron lexendarios, os seguintes convertímonos nun fenómeno mundial. Sacamos 5 albums e dimos a volta ao mundo.
Quitando algunhas declaracións desafortunadas de John que nos deron algún que outro problema, todo nos iba de fábula, ata que...


Unha noite chuviosa do mes de Novembro, concretamente o día 9, comezamos unha grabación nos estudos de Abbey Road. John e Paul non se poñían de acordo coas cancións, xa era tarde e tras unhas palabras acaloradas, McCartney marchou enfadado.
Unha hora máis tarde xa marchábamos tras a axitada discusión cando unha furgoneta negra parou diante. Un oficial da intelixencia británica, chamado Maxwell, díxonos mostrando a súa placa: 
-Paul McCartney viuse implicado nun terrible accidente. Deben vir con nós. 
Subimos na furgoneta e fomos ao lugar do suceso, a escena era terrorífica, alí había unha moza que non paraba de chorar, acercouse a nós e explicounos que ela camiñaba pola rúa cando un vehículo ofreceuse a levala. Rita, que así se chamaba, aceptou ao recoñecer ao conductor, pero un ataque de histeria fixo que Paul perdera o control do coche. Chocou contra un camión e deu varias voltas de campá, ela conseguiu saír para pedir axuda e cando regresaba para socorrer a Paul o coche explotou quemando e decapitando ao xa cadáver do Beatle.

O oficial pediunos que comprobáramos se realmente tratábase de Paul. Nós asentimos, aquel corpo era sen lugar a dúbidas o do noso amigo.
Regresamos á furgoneta en estado de Shok.

Maxweel levounos a unha casa secreta do MI5, alí deixounos chorando mentres el facía unhas chamadas. Cando saiu díxonos que o goberno da Súa Maxestad non podía facer pública esa morte porque temía que isto provocase unha oleada de suicidios. 
Nadie debía saber o que ocurriu, pero...como?
Dixéronnos que no MI5 tiñan ciruxanos plásticos que podían crear un dobre, pero teríamos que mantelo en segredo porque a sanción que teriamos que pagar por revelalo sería a morte.
Puxémonos todos de acordo e fixemos un pacto.

Debido a este suceso e tras un proceso de selección e operacións apareceu William Campbell ou como lle chamábamos nós "Faul" ( falso Paul ).
John traumatizado polo ocurrido propuxo deixar algunas pistas nos nosos traballos como argumentos de defensa ante os nosos fans. E algo conseguiu porque en 1969 varias cadeas de televisión e radio comentaron ditas sinais. Ata o punto que tivemos que saír a desmentilo, porque seguíamos temendo polas nosas vidas. 
Entón John que seguía sen superar o engano ameazou con facelo público pero aos oito días o asesinaron.

20 anos máis tarde, dando por feito que xa a ninguén lle afectaría, manifesteille a Faul meu desexo de revelar todo, pero pasados uns días entraron na miña mansión e apuñaláronme, sen conseguir o obxetivo, porque o que en realidade levoume deste mundo, seis anos máis tarde, foi un cancro.
Eses anos aproveiteinos para deixar constancia de todo o engano. Podedes estar seguros de que o que vos acabo de contar é auténtico. 

Por certo, son George Harrison e a historia continúa.
Queredes saber que pasou con Rita?