Os afeccionados galegos ao baloncesto están de noraboa. O mes de outubro chega cunha innovadora publicación debaixo do brazo. Nace
Zona Press, unha revista mensual de básquet, en galego e centrada nun deporte que, se xa tiña auxe en Galicia, conta agora con milleiros de seareiros por todo o país.