30.10.12

A ORIXE."Jack-o-lantern"

Todos vós pensades no Halloween ou Samaín nunha festa na que; talades unha calabaza poñedeslle unha vela e vos un disfrazades. Pero realmente sabedes o que hay detrás de esta tradición?



Se algún de vós vistes " pesadela antes de navidade" de Tim Burton saberedes que o protagonista é Jack Skellington.

Pois isto ten que ver co Samaín, a lenda conta que un irlandés vago e borracho chamado Jack durmía sempre a mona a sombra dun roble... un día apareceuselle o demo, e Jack retouno a trepar o roble ;cando o demo chegou a copa, Jack talou unha cruz para que o demo non poidese baixar. Fixeron un trato; se o demo deixaba de obrigalo a beber e a ser vago Jack deixariao baixar.

Cando Jack morreu, non se lle permitiu ir o ceo, e tampouco ao inferno; o demo apiadouse e deulle unha brasa para que iluminase o camiño na oscuridade ata o día do xuizo final;
a brasa meterona nun nabo oco para durar máis.

Os Celtas poñían un prato máis na mesa porque pensaban que o día do Samaín os seus familiares os acompañaban; e colocaban "os farois de jack" para que os malos espiritos non se acercasen.Ao principio seguían co nabo e unha brasa pero ao velas calabazas fixaronse en que eran moito mais espazosas e a vela duraba moito mais .

Se queredes saber mais premede en Samaín ou poñedeme un comentario co que queirades saber , eu aclarareivos as dudas.