Cosmópolis é un drama dirixido por David Cronenberg basado na novela de Don DeLillo.
Nesta historia, Eric Packer (Robert Pattinson), un multimillonario e asesor de inversións, ten que atravesar Manhattan na súa limusina branca ata chegar á perruquería. Durante a súa viaxe queda atrapado nun atasco producido pola visita do presidente, o funeral dun ídolo da música, a rodaxe dunha película e unha violenta manifestación política. Tamén, a isto engádeselle que ten que apostar toda a súa fortuna e, por riba, o risco que corre durante todo o camiño xa que pretenden matalo.